23.6.05

Cuarta Parada

Hoxe tomarémonos un pequeno descanso, e relaxarémonos a través das distintas artes.

Para as/os amantes música ofrézovos unha serie de partituras e de obras que poderedes escoitar.

Para quen prefira o cine tamén poderá disfrutar a través de películas do máis diversas (dispoñíbeis tamén para MAC).

Non podiamos tampouco esquecer a aqueles que vos apasiona a arte e a pintura, así que aí vai unha biblioteca adicada á "arte dixital".

Espero que con isto estean cubertos os intereses de todas/os os viaxeiros e que vos sirva para coller forzas e seguir proximamente coa nosa viaxe.

22.6.05

Terceira Parada

Despois dunha longo travesía a través do Atlántico, chegamos ao Brasil, onde permaneceremos algún tempo máis que nos países antes visitados, especializando un pouco máis as nosas actividades.

Visitaremos en primeiro lugar a Biblioteca Virtual do Estudante Brasileiro que ofrece recursos educacionais úttiles para o estudantado e o profesorado desde o ensino infantil até o universitario, axudando a suprir a carencia de bibliotecas escolares , ademais de estimular o interese pola leitura.
Cómpre destacar a sección Livro falado, onde se poden escoitar obras literarias completas, sendo un servizo útil tanto para a aprendizaxe da lingua, como para persoas invidentes.

Como profesoras ou futuras profesoras, debiamos ter esta biblioteca como punto de referencia en todo momento, pois dá mostra de como a teoría se pode levar á práctica de xeito sinxelo e agradábel.

Invítovos por tanto a navegar por ela e xa me contaredes...........

20.6.05

Segunda Parada

Daremos hoxe un agradábel paseo para gozar paso a paso do encanto e beleza de Portugal.

En primeiro lugar comezaremos por achegarnos aos autores e personalidades que forman parte da historia portuguesa, para así, a través das letras, coñecermos un pouco máis dos nosos irmáns.

Tamén ao igual que fixemos na primeira parada, dedicaremos un anaco da nosa visita á leitura, e eu invitaríavos a realizar "As viagens dos portugueses", ou a coñecer a colección de Florbela Espanca, a través das notas que ela mesma deixou.

Antes de continuar o percorrido, debemos facer unha parada obrigada na Biblioteca Nacional de Tesouros, e disfrutar da música, cartografía así como un sin fin de cousas.

Finalmente e para repoñer forzas antes de partir cara novas terras, proxectarase o filme "Baaleiros em Terra", que mostra un ollar posíbel sobre a realidade económica, social, cultural e relixiosa de un pobo.

15.6.05

Primeira Parada

Como tiña prometido, comezaremos a nosa viaxe virtual, facendo unha primeira parada na Galiza.

O roteiro terá o seu inicio coa presentación das vilas e cidades galegas, a través das cales poderemos coñecer un pouco máis desta marabillosa terra, simplemente facendo un click no mapa que se nos amosa.

Chega o tempo de lecer, así que antes do xantar relaxarémonos un pouco: lendo, vendo videos, esoitando recitais etc., e inclusive se alguén se anima contribuíndo con textos da nosa autoría, deixando así constancia do noso paso.

Antes de marchar consultaremos os principais eventos da Galiza, e coñeceremos algunhas das institucións e asociacións que máis traballan por este país.

Aínda que poderiamos deternos un pouco máis, proseguiremos a nosa viaxe cara o sur.


13.6.05

bvgprincipal


bvgprincipal
Originally uploaded by Marisa Moreda.

9.6.05

Bibliotecas sen paredes para libros sen follas

A historia do ser humano estivo marcada desde o comezo pola constante busca de medios de organización e de conservación do saber, aparecendo o primeiro almacén de sabiduría no século III d.e en Alexandría, centro cultural do momento.

Neste intento de preservación do saber surxen as Bibliotecas Dixitais, que podemos definir como aquel servizo onde unha comunidade de persoas usuarias accede á información de maneira complexa mediante o uso exclusivo de tecnoloxías da información e comunicación. Isto facilita que desde calquera sitio e en calquera momento poidamos acceder a documentos ubicados en calquera parte do mundo sen necesidade de nos desprazar, posibilitando ao mesmo tempo a comunicación entre persoas interesadas en temas comúns.

Debemos de ter en conta á hora de falarmos de Bibliotecas Dixitais que, ao igual que acontecía nas bibliotecas presenciais, dependen das entidades que as promoven, ben sexan públicas ou privadas, condicionando isto o tipo de material e os servizos que se nos ofrecen.

Unha vez exposto brevemente o que entendemos por Bibliotecas Dixitais, comezaremos a nosa viaxe polas bibliotecas existentes no ámbito lusófono, co fin de mostrar os servizos e vantaxes que nos poden ofrecer.

Mais sentíndoo moito teremos que comezar outro día.

6.4.05

OLA

ola, por fin teño o meu blogo así que espero que, unha vez que teña a dirección de todas, poidamos comunicarnos así. Por agora non teño moito que contar, así que cando teña algunha novidade ou ganas de falar con alguén fareino aqui, vale?
Un bico a todas
UDC (isto é para probar o dos links)